Escoitar

O Concello aumenta ata os 947.000 euros as axudas ao asociacionismo e a participación cidadá

O alcalde cualifica de “extraordinaria” a suba do orzamento que “máis que duplica” a cantidade consignada ata agora, 450.000 euros anuais. O Goberno de Vigo aprobou 685.740 euros para o financiamento do Banco de Alimentos e do comedor de Vida Digna.

luns, 1 xuñ 2026

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a convocatoria e as bases reguladoras das subvencións para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá para o ano 2026 que acada un importe de 947.733 euros, Abel Caballero explicou que en 2025 a convocatoria sumaba 450.000 euros. O Concello incrementa en 497.000 euros o orzamento deste ano: “algo extraordinario ter pasado de 450.000 a 947.000 euros; máis que duplicamos a cantidade”.

Con este programa, o Goberno municipal quere colaborar no financiamento das entidades veciñais e sociedades culturais que operen no movemento veciñal, sen ánimo de lucro, para axudalas a cumprir os seus fins, realizar investimentos e desenvolver as súas actividades.

As entidades interesadas poden concorrer a catro tipos de axudas: gastos de mantemento e funcionamento das entidades veciñais, gastos de mantemento das entidades que carezan de locais cedidos ou de uso gratuíto, gastos de investimento para de equipamento e gastos de investimento para obras e adquisición de inmobles.

O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles desde a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra

Axuda comedores

O rexedor informou este luns da aprobación de dous convenios cos que o Concello “reforza a política social”. O primeiro en colaboración co Banco de Alimentos de Vigo para o período 2026-2029 cun importe de 480.000 euros, a razón de 120.000 euros de achega anual para que a entidade atenda as necesidades súas persoas usuarias. Tamén recibiu luz verde o convenio de colaboración coa Asociación Vida Digna para o mantemento do seu comedor social e para a prestación de axudas de alimentos a persoas en situación ou risco de exclusión social, para o período 2026-2029 por un importe de 205.740 euros, un total de 51.435 euros anuais.

 

Descargar todas as imaxes