Escoitar

Vigosónico lanza unha nova edición do Laboratorio de Creación Musical para a Mocidade

O alcalde explicou que “é unha iniciativa dirixida a xente moza entre 13 e 25 anos” para ofrecer dez días de convivencia, aprendizaxe e creación musical con artistas e profesionais de referencia.

luns, 1 xuñ 2026

O espazo municipal de creación musical Vigosónico acollerá do luns 29 de xuño ao venres 10 de xullo unha nova edición do Laboratorio de Creación Musical para a Mocidade. Caballero explicou que “é unha iniciativa dirixida a xente moza entre 13 e 25 anos” para ofrecer dez días de convivencia, aprendizaxe e creación musical con artistas e profesionais de referencia. A inscrición para participar estará aberta ata o día 21 de xuño.

O Laboratorio está concibido como unha experiencia intensiva para que a xuventude poida formar grupos, crear bandas e avanzar na composición e interpretación das súas cancións. A programación combina a formación instrumental e o traballo por bandas con workshops especializados sobre produción, comunicación, dereitos de autoría, posta en escena e intelixencia artificial aplicada á música.

Os participantes contarán co acompañamento de figuras recoñecidas do sector, entre as que destacan: María Soa (música, compositora e integrante de Fillas de Cassandra); Wöyza (cantante e referente da música urbana); Mingos Lorenzo (produtor vinculado a Warner e Sony) e Miguel Marcos (músico, produtor e director da Escola de Escritores).

 

Descargar todas as imaxes