Escoitar

Publicado o listado provisional de admisión nas Escolas Municipais Infantís

O alcalde informou de que xa se pode consultar a admisión provisional para o curso 2026/2027. O Concello ofrece 438 prazas nas 9 escolas municipais infantís “totalmente gratuítas, incluído o servizo de comedor” ás que se dedican 2,8 millóns de euros.

venres, 29 mai 2026

Os listados pódense consultar na web escolas.vigo.org. Caballero explicou que o sábado 30 de maio comeza o período de reclamación e remata o 4 de xuño. Posteriormente, o 16 de xuño publicarase o listado definitivo dos nenos e nenas admitidos nas Escolas Municipais Infantís para o próximo curso. O prazo de matrícula será do 17 ao 26 de xuño

Neste listado provisional ocupáronse 372 prazas, 26 quedaron vacantes na quenda de mañá e 34 na quenda de tarde.

Descargar todas as imaxes