Escoitar

O Goberno local inicia un novo Estudo de Detalle no ámbito de Samil

O alcalde anunciou que a Xerencia de Urbanismo aprobará o próximo martes a incoación do expediente da Avenida de Samil no cruce coa rúa Redondo.

venres, 29 mai 2026

O obxectivo é ordenar o volume edificable de tres parcelas clasificadas como solo urbano consolidado. Segundo explicou o rexedor, esta actuación permitirá avanzar na construción de novas vivendas “nunha zona tan interesante como é a Avenida de Samil”.

Abel Caballero destacou que a ordenación destas parcelas situadas nas proximidades da avenida de Samil supón un novo paso na execución do plan urbanístico aprobado polo Concello, un PXOM que cualificou como “un fito na historia da cidade”, asegurando que é unha ferramenta fundamental para afrontar a escaseza de vivenda existente tanto no mercado de venda como no de alugueiro.

Descargar todas as imaxes