venres, 13 feb 2026
O alcalde asistiu este venres ao acto de celebración do embarque do vehículo número 15 millóns -unha furgoneta Citroën Berlingo- producido na factoría viguesa Stellantis, un fito para a industria automobilística da cidade. Abel Caballero afirmou que "os 15 millóns de coches exportados son un mérito de Stellantis e que cando a cidade funciona o porto crece". O acto celebrado na terminal de Bouzas serviu tamén para homenaxear a catro empresas, que recibiron unha metopa: Ceva Logistics, Termicar, Suardíaz e Stellantis.
venres, 13 feb 2026
O alcalde destacou o labor da fundadora da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, entidade que dirixiu ata o ano pasado.
venres, 13 feb 2026
O presidente da Zona Franca e alcalde de Vigo, Abel Caballero, o delegado do Consorcio, David Regades, a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e a presidenta do Real Club Celta, Marián Mouriño, protagonizaron esta mañá a firma da cesión do dereito de superficie ata 2081 da parcela sobre a que se asenta a Grada de Río do Estadio Municipal de Balaídos. O acordo afianza o compromiso de Vigo para ser sede do Mundial 2030, segundo recalcou o rexedor. “Estamos preparados para o Mundial. Imos ampliar a Grada de Tribuna e chegar aos 43.000 espectadores con ou sen Mundial. Imos facela porque para o Celta e para a cidade é imprescindible”, recalcou.
xoves, 12 feb 2026
O alcalde animou este xoves á cidadanía de Vigo a participar na IX Gala Solidaria Bicos de Papel, que terá lugar este domingo 15 de febreiro no Teatro Cine Salesianos coincidindo co Día Internacional contra o cancro infantoxuvenil, para contribuír ao “traballo extraordinario e insubstuíble” de atención aos menores con cancro e en apoio ás súas familias.
xoves, 12 feb 2026
O alcalde propoñerá ao Gran Peña Fútbol Club, a RunRun Vigo e o Club Acrobacia Sieiro para as distincións de 2026.
xoves, 12 feb 2026
O alcalde participou este xoves na inauguración do espazo de San Cristovo de Candeán que foi urbanizado no marco do convenio entre o Concello e a Diocese Tui-Vigo.
mércores, 11 feb 2026
Abel Caballero reuniuse este mércores co xefe de servizo do Servizo de Medicina Preventiva da área Sanitaria de Vigo, Víctor del Campo, e coa doutora Victoria Nartallo, para abordar a organización do XIII Congreso Nacional da Asociación Española de Vacunología, que se celebrará en Vigo en outubro deste ano. “Situando no seu lugar ás vacinas, unha prioridade sanitaria e social” é o lema da cita da asociación que reúne a pediatras, médicos de familia, microbiólogos, preventivistas, veterinarios, enfermeiros, farmacéuticos e biólogos.
mércores, 11 feb 2026
Vigo contará cun novo espazo para uso público no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo tras a transformación do local situado no baixo do edificio. O Goberno Municipal adxudicou o proxecto para adaptar o espazo aos novos usos, segundo avanzou hoxe o alcalde. “Un novo espazo que poñemos ao dispor da cidade”, destacou.
mércores, 11 feb 2026
O alcalde tamén anunciou a concesión do recoñecemento á Coral Polifónica de Candeán.
martes, 10 feb 2026
O alcalde alentou este martes aos 189 alumnos de sete colexios de Vigo que participan nas actividades organizadas no Museo MARCO con motivo do “Día da Muller e a Nena na Ciencia” a elixir a carreira ou estudos de formación profesional que desexen, “sen descartar nada a priori” e no caso das estudantes a “non descartar” formarse en coñecementos teconolóxicos ou de ciencias.