O Goberno municipal renova a pasarela da praia da Fontaíña
A construción das estruturas do paseo e da varanda de madeira contarán cun investimento de 48.082 euros, segundo avanzou este mércores o alcalde.
Abel Caballero explicou que nestes momentos están en marcha os traballos previos ao comezo das obras a próxima semana, previsiblemente o martes 16, e que se prolongarán durante un mes.
O rexedor lembrou que a mellora forma parte da intervención municipal programada na praia do Vao e de toda a súa contorna. “Un espazo natural de interese local que queremos rexenerar e que se poida gozar por parte da cidadanía de forma adecuada”, afirmou.
Finalizada a vida útil da pasarela e da varanda de madeira, o Concello vai desmontalas e a retiralas integramente para substituílas por novas estruturas. “Unha nova acción cun novo paseo na praia da Fontaíña”, destacou o rexedor.