O Concello aproba 56 novas axudas de emerxencia por 13.402 euros
Abel Caballero explicou que o maior número de apoios concedidos na comisión deste martes correspóndense coas destinadas a alugueiro, un total de 18 por 6.151 euros, “co que evitamos 18 desafiuzamentos”.
Do total das últimas axudas de emerxencia informadas favorablemente, 10 destínanse a gastos de alimentación por 2.705 euros; outras 8 son para aloxamento por 3.230 euros; 18 para subministracións e 55 para gastos médicos.
Desde xaneiro, o Concello aprobou preto de 1.500 axudas por un importe próximo a 500.000 euros.
Caballero lembrou que o ano pasado preto de 9.000 persoas contaron con apoio pola vía da emerxencia municipal. “Concédense en tempo, forma e con moita rapidez”, recalcou.