Escoitar

O Goberno municipal dá luz verde ao “inicio real” da nova Praza de España

O Concello acaba de outorgar a licenza de demolición dun chalé situado no número 59 da Gran Vía, nun espazo no que se construirá un novo edificio con criterios de calidade urbanística.

mércores, 10 xuñ 2026
Infografía que proxecta un dos edificios da contorna
Infografía que proxecta un dos edificios da contorna

O alcalde avanzou que este trámite supón o “inicio real” da nova Praza de España, que será “semipeonil, con máis espazos viarios, máis espazos verdes” e novas edificacións “con valor arquitectónico” que poderán erguerse no solo baleiro.

A Xerencia de Urbanismo outorgou a licenza de demolición do chalé situado na Gran Vía 59, nunha parcela entre esa vía e as rúas Honduras e Pizarro, que ten un orzamento de derruba de 300.000 euros. Nese espazo vai construírse “un edificio excepcional, cunha estrutura arquitectónica excepcional, de pouca altura”, explicou Caballero, ao dar conta da decisión municipal. Son pasos administrativos necesarios para crear unha “bolsa de espazo público que permitirá ampliar a Gran Vía, hoxe limitada por propiedades particulares”, unha situación que vai cambiar con esta acción.

Esta licenza supón para o rexedor o inicio da transformación da zona: “Estamos lanzados á nova Praza de España”, apuntou. O Concello xa ten aprobados algúns dos convenios e outros atópanse en tramitación. O obxecto dos mesmos é a cesión de novos tramos viarios para completar o anel perimetral o que permitirá, no seu momento, a semipeonalización da Praza; a cesión de espazos verdes e facilitar a construción dos soares actualmente baleiros.

 

Descargar todas as imaxes