Escoitar

Samil volverá ser o epicentro do pop español o 17 de xuño con “Cadena Dial – La Gira del Verano”

Vigo é a cidade na que este verán arranca a tradicional “Gira del Verano” de Cadena Dial. O mércores 17 de xuño a praia de Samil encherase de música pop con artistas consolidados e novas promesas da música.

martes, 9 xuñ 2026

O alcalde avanzou que Vigo será de novo o epicentro do pop español como parada inaugural de “Cadena Dial - La Gira de Verano”. Será o próximo mércores 17 de xuño a partir das 20,00 h no aparcamento 3 do areal de Samil. Despois de Vigo, este espectáculo recalará en 13 localidades de nove comunidades autonómas diferentes.

A cita de Vigo contará con artistas consolidados como Andy Morales, ex integrante de Andy&Lucas; Despistaos, banda de pop-rock que conta con himnos xeneracionais como “Física o Química”; Marta Santos, artista popular en redes sociales e que agora acumula 2,3 millones de oíntes mensuais; e Huecco. A estes artistas sumaranse outras promesas como María Parrado, Ezio Oliva, Guille Toledano, Noran, Kalenn, Lowis Ye ou Gabriel Fandi (artista local).

 

 

 

 

Descargar todas as imaxes