O alcalde preside a Xunta de Seguridade previa ao Día das Forzas Armadas

mércores, 27 mai 2026

Abel Caballero e Abel Losada, subdelegado do Goberno en Pontevedra presidiron este mércores a reunión da Xunta de Seguridade previa á celebración do Día das Forzas Armadas este sábado en Vigo. Os actos contarán coa presenza dos Reis de España e da Princesa Leonor. Representantes da Casa Real, do Estado Maior Da Defensa, da Policía Nacional, Local e Autonómica así como da Garda Civil; da Zona Franca, da Autoridade Portuaria e das Urxencias Sanitarias e Emerxencias de Galicia, abordaron o dispositivo de protección para garantir o desenvolvemento seguro dos actos e da Familia Real así como a mobilidade urbana ante a previsible afluencia importante de público para contemplar o desfile das Forzas Armaras e a exhibición aérea.

Caballero pon en valor o traballo e experiencia do CSIC no seu 75 aniversario

mércores, 27 mai 2026

Abel Caballero e Carmela Silva, primeira tenente de Alcaldía, participaron este mércores na inauguración do “Encontro de Investigación Mariña do CSIC: Cara unha ciencia mariña más conectada, colaborativa e estratéxica” no marco da conmemoración do seu 75 aniversario. Durante dúas xornadas, o persoal investigador do ámbito mariño intercambiará coñecemento, promoverá a innovación científica e poñerá en valor o papel dos ecosistemas mariños como clave no desenvolvemento sostible. O rexedor salientou o labor desenvolvido polo CSIC ao longo da súa historia e fixo unha mención especial ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, organizador deste encontro científico, polo seu traballo de excelencia a nivel mundial.

El alcalde espera o apoio da Corporación á declaración institucional do equipo de goberno en apoio á flotilla a Gaza

venres, 22 mai 2026

O Goberno municipal de Vigo presentará no pleno ordinario do próximo luns unha declaración institucional en apoio á flotilla a Gaza e o seu compromiso coa paz, co dereito internacional, coa defensa dos dereitos humanos e coa condena de todos os conflitos armados e das accións contra a poboación civil, particularmente do xenocidio de Israel contra o pobo palestino. Tamén recoñecerá o firme compromiso do Goberno de España coa defensa do dereito internacional, coa condena do xenocidio que está a sufrir a poboación de Gaza e co rexeitamento das guerras ilegais que se producen a nivel global, incluída a guerra de Ucraína.

Caballero pon en valor a actividade da Asociación Cultural do Salvador de Teis

xoves, 21 mai 2026

O alcalde de Abel Caballero recibiu aos representantes da Asociación Cultural do Salvador de Teis que traballa para manter vivas as tradicións e a actividade cultural en Teis. Durante o encontro, no que participaron Santiago Sacco, Abraham Simoes e Sara García, o rexedor interesouse polos proxectos previstos para 2026 e puxo en valor o compromiso da entidade coa dinamización social, cultural e veciñal do barrio, destacando a importancia de que as novas xeracións continúen preservando e promovendo a identidade e a memoria colectiva de Teis.