venres, 21 set 2018
O alcalde inaugurou esta mañá o aparcamento municipal nas inmediacións do hospital Álvaro Cunqueiro, cunha capacidade aproximada de 400 prazas e un investimento de máis de medio millón de euros. Durante a visita, Caballero contrapuxo o modelo de pago de parking instaurado pola Xunta co modelo gratuíto defendido polo Concello.
martes, 18 set 2018
Abel Caballero visitou este martes os traballos de reforma que acomete o Concello na rúa, cun orzamento próximo aos 700.000 euros. O rexedor denunciou o estado "lamentable" das redes de servizos dunha rúa obxecto de "desatención" polos anteriores alcaldes e alcaldesas, que a tiveron "abandonada".
luns, 10 set 2018
O Concello de Vigo investirá 850.000 euros na remodelación das prazas do Emigrante e dos Volcáns. Estas obras están incluídas na construción do carril bici, que xa está moi avanzado na Avenida Castelao.
venres, 7 set 2018
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves o contrato para a humanización das rúas Heraclio Botana, Roupeiro e Serafín Avendaño, na contorna de Rosalía de Castro e García Barbón. A obra ten un investimento de 487.000 euros e un prazo de sete meses.
martes, 4 set 2018
Abel Caballero informou este martes do acordo en Xunta de Goberno para aprobar o proxecto de humanización da Gran Vía e a instalación de ramplas mecánicas para peóns. A actuación inclúe a ampliación das zonas verdes, paneis fotovoltaicos e unha fonte ornamental.
venres, 31 ago 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres a remodelada Praza da Industria (Eugenio Fadrique) despois de que o Concello levase a cabo obras de mellora no Monumento ao Ferreiro. "Foi unha actuación moi acertada e un proxecto extraordinario para por en valor unha grande escultura", sinalou.
xoves, 30 ago 2018
Cun orzamento próximo aos 2,2 millóns, o alcalde subliñou que o novo espazo polideportivo transformará un entorno "deteriorado" e poderá ser empregado polo CEIP Doutor Fleming. Abel Caballero subliñou que, baixo o seu mandato, Vigo conta con nove instalacións deportivas novas.
xoves, 30 ago 2018
Visitado hoxe xoves polo alcalde, o elevador ata Torrecedeira estará emprazado á altura de Instituto Oceanográfico e forma parte da segunda fase da humanización da rúa, cun importe de 871.000 euros. Será o primeiro dos dous ascensores que conectarán Marqués de Valterra con Torrecedeira e forma parte do proxecto Vigo Vertical, cofinanciado con fondos da Unión Europea.
luns, 27 ago 2018
Abel Caballero informou este luns de que a Xunta de Galicia ten actualmente paralizadas un total de once obras en Vigo debido á falta de autorización do departamento de Patrimonio.
venres, 24 ago 2018
Informou Abel Caballero este venres da aprobación dos expedientes de contratación da quinta fase da humanización de Aragón e da terceira de Gregorio Espino. O Concello remodelará Aragón entre Padre Celso e a Travesía e dous tramos de Gregorio Espino: entre Jenaro de la Fuente e Urzáiz, e de San Roque ás rúas Aguia e Reiseñor.