venres, 15 xuñ 2018
O Concello deu o visto e prace ao proxecto para substituír o céspede do campo de fútbol da Bouza e renovar o alumeado. A actuación enmárcase no convenio firmado coa Deputación de Pontevedra para a mellora de instalacións deportivas en Vigo. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou o obradoiro de emprego "Vigo Capacita V" que formará a 20 alumnos.
martes, 12 xuñ 2018
A clasificación de ofertas entre as 24 empresas presentadas á reforma será aprobada o xoves na Xunta de Goberno Local, como adiantou este martes Caballero. O alcalde explicou que a humanización se executa en colaboración coa Deputación e cun orzamento próximo aos 2,9 millóns.
luns, 11 xuñ 2018
Así o explicou o segundo tenente de alcalde e edil de Fomento, David Regades, obras enmarcadas no plan de acción integral que o Concello vén de implantar no entorno de Torrecedeira, que inclúe vixilancia policial, mellora da iluminación e da limpeza, presenza dos Coidadores de Barrio e humanizacións. <br />
martes, 5 xuñ 2018
En Xunta de Goberno Local, da que informou este martes o alcalde, o goberno vigués acordou encomendar a Aqualia o proxecto de substitución das redes de fibrocemento no ámbito de San Roque – Ribadavia. Caballero puxo en valor os "centos de quilómetros" de canalizacións cambiadas no seu mandato.
luns, 4 xuñ 2018
Abel Caballero anunciou este luns que as obras obrigan a cortar un carril da Gran Vía e a desprazar un paso de peóns. Ademais, avanzou que o Concello xa está preparando a instalación das cintas mecánicas do bulevard.
xoves, 24 mai 2018
Abel Caballero informou este xoves da clasificación de ofertas (antiga adxudicación provisional) para ambas reformas, que presentan un orzamento municipal superior ao millón de euros. Ademais, o Concello aprobou unha achega de 7.000 euros en favor da Asociación Española contra o Cancro.
martes, 22 mai 2018
O alcalde deu conta esta mañá dun investimento de máis de 3 millóns de euros para asfaltados e humanizacións no rural. Tal e como detallou en rolda de prensa, haberá actuacións en todas as parroquias da cidade.
mércores, 16 mai 2018
O alcalde de Vigo asegura que a Xunta intenta paralizar o proxecto de transformación da Porta do Sol nunha gran praza e destacou. "Naceu como unha rúa e a acción civil converteuna nunha praza", sinalou.
mércores, 16 mai 2018
Así o avanzou este mércores Abel Caballero, quen adiantou que o luns arranca coa substitución das redes de abastecemento e saneamento no tramo entre Gran Vía e México, que estará pechada ao tráfico por un prazo aproximado de dous meses. Por Venezuela pasará o carril bici, cun orzamento próximo aos 5,9 millóns.
mércores, 16 mai 2018
Abel Caballero visitou este mércores o vial, xa completamente humanizado tras rematar o goberno de Vigo a reforma do tramo entre Rosalía de Castro e García Barbón. No entorno, engadiu o alcalde, o Concello proxecta as humanizacións de Roupeiro, Heraclio Botana e completar Serafín Avendaño.