xoves, 15 feb 2018
A Xunta de Goberno Local deste xoves aprobou o contrato de aluguer con ADIF para a asunción dos terreos da antiga vía do tren en superficie, desde Urzáiz ata Redondela, por un prezo simbólico de tres mil euros anuais. "Unha vez asinado, encargaremos o proxecto" da futura senda verde, avanzou Abel Caballero.
mércores, 14 feb 2018
O goberno local ten este ano 25 millóns en actuacións para adxudicar ao rural, ademais dos 7 millóns previstos no curso 2017/18. O concelleiro de Fomento, David Regades, destacou a "aposta decidida pola economía e a xeración de empregos" e sinalou que nos últimos anos o investimento alcanzou os 100 millóns.
venres, 9 feb 2018
Encabezado polo alcalde, este venres tivo lugar o acto simbólico de colocación da primeira pedra dunha obra de case 2,8 millóns e 14 meses de duración, que suporá a renovación completa do parque e a construción dun elevador que unirá Torrecedeira con Pi y Margall.
xoves, 8 feb 2018
Abel Caballero anunciou a aprobación este xoves da contratación, os pregos de condicións e apertura da licitación da transformación da Gran Vía, de Lepanto a Praza de España, incorporando rampas mecánicas, ámbitos artísticos e culturais e novas zonas verdes no bulevar. A obra, cofinanciada por fondos FEDER da Unión Europea, sae a licitación por 9 millóns de euros.
mércores, 7 feb 2018
Segundo avanzou Abel Caballero, este venres terá lugar o acto simbólico de colocación da primeira pedra dunha obra de case 2,8 millóns e 14 meses de duración, que suporá a renovación completa do parque e a construción dun elevador que unirá Torrecedeira con Pi y Margall.
martes, 6 feb 2018
O Concello vai renovar as canalizacións da rúa Venezuela unha vez detectado o mal estado das mesmas -de ferro e fibrocemento e con décadas de antigüidade-. Caballero explicou que o goberno local xa renovou 330 quilómetros de abastecemento e máis de 400 de saneamento.
xoves, 1 feb 2018
O Concello vai renovar as canalizacións da rúa Venezuela unha vez detectado o mal estado das mesmas -de ferro e fibrocemento e con máis de 80 anos-. En declaracións aos medios, Caballero explicou que o goberno local xa renovou 330 quilómetros de abastecemento e máis de 400 de saneamento.
luns, 29 xan 2018
O Concello está a piques de rematar a humanización do entorno do parque e da Igrexa de Castrelos para que todo estea disposto para a celebración da Candelaria. Tal e como explicou, construíronse beirarrúas, instaláronse farois fernandinos, ademais de renovar o pavimento.
xoves, 25 xan 2018
Caballero anunciou o comezo a próxima semana dos traballos de humanización de Canceleiro, da segunda fase da reforma de Marqués de Valterra, de remodelación integral do parque Camilo José Cela (que inclúe un ascensor entre Torrecedeira e Pi y Margall) e de cobertura dos patios dos colexios Virxe do Rocío e Carballal.
mércores, 24 xan 2018
O alcalde avanzou que a Xunta de Goberno Local de mañá xoves aprobará o proxecto de humanización destes tres viais, localizados no entorno de García Barbón e Rosalía de Castro. "Desde que nós chegamos, cambiamos ducias e ducias de quilómetros de rede de abastecemento de auga", enfatizou Caballero.