Escoitar

A humanización da rúa Venezuela incluirá a renovación de todas as tubaxes de abastecemento

O Concello vai renovar as canalizacións da rúa Venezuela unha vez detectado o mal estado das mesmas -de ferro e fibrocemento e con décadas de antigüidade-. Caballero explicou que o goberno local xa renovou 330 quilómetros de abastecemento e máis de 400 de saneamento.

martes, 6 feb 2018
O alcalde informou este martes da renovación de tubaxes de abastecemento que se vai acometer na humanización da rúa Venezuela xa que coa obra do macroparque se atoparon canalizacións de fibrocemento de varias décadas de antigüidade. "Ningún goberno anterior, de ningunha cor política actuou", aclarou, non se fixo nada ata que chegamos nós ao goberno.

A renovación das tubaxes de abastecemento conta cunha partida de 859.100 euros, incluída no proxecto de humanización da rúa. Ademais, o proxecto de renovación do parque terá outro investimento de 710.000 euros.

En declaracións aos medios, Caballero lembrou o goberno local xa substituíu 330 km de canalizacións de saneamento e máis de 400 de abastecemento, retirando tubaxes de 50, 75 e 80 anos de ferro e fibrocemento. Insistiu en que Vigo é a cidade que máis canalizacións renovou na última década e preguntou e que gastaban os cartos os seus predecesores.