O Concello celebra o Día Mundial das Zonas Húmidas cun centenar de alumnos do Ría de Vigo
Abel Caballero visitou este venres a zona húmida do Parque da Bouza, onde o goberno de Vigo conmemora esta xornada cun centenar de alumnos e alumnas do CEIP Ría de Vigo -de terceiro a sexto de Primaria-, organizando actividades de divulgación e concienciación sobre o medioambiente.
