venres, 2 feb 2018
Abel Caballero presentou este venres a programación municipal para esta festa, que se celebrará do 9 ao 14 deste mes. O alcalde destacou o concerto-pregón de Efecto Pasillo e as actuacións de dúas orquestras na Porta do Sol, ademais de animación de rúa ou unha carreira popular. O desfile de comparsas e carrozas, o sábado 10 ás 18 horas.
venres, 2 feb 2018
O alcalde anunciou este venres que o secretario de Estado reafirmou a negativa do Goberno a ceder o inmoble para crear unha Biblioteca Municipal. "Temos un plan B e o vamos a levar adiante", asegurou Caballero.
venres, 2 feb 2018
Abel Caballero visitou este venres a zona húmida do Parque da Bouza, onde o goberno de Vigo conmemora esta xornada cun centenar de alumnos e alumnas do CEIP Ría de Vigo -de terceiro a sexto de Primaria-, organizando actividades de divulgación e concienciación sobre o medioambiente.
venres, 2 feb 2018
73.431 usuarios de transporte público teñen xa a Tarxeta Passvigo, dos que case 20.000 son pensionistas e, polo tanto, teñen o autobús de balde. Segundo explicou o rexedor, xa se entregaron tamén preto de 47.000 tarxetas bonificadas (as antigas tarxetas verdes ordinarias).
venres, 2 feb 2018
As visitas culturais ás medianeiras elaboradas en 2016 e 2017 serán os mércores e sábados ás 11 da mañá cunha hora e media de duración e os interesados poden inscribirse no teléfono 010. O IV programa de medianeiras desenvolverase neste 2018 coa previsión de realizar 15 novos murais.
venres, 2 feb 2018
O alcalde anunciou este venres que o vindeiro luns celebrarase a gala de entrega de premios e avanzou que neste 2018 a primeira proba será a XIX Media Maratón Vig-Bay.