O Concello licita por 970.000 euros o socorrismo e solicita renovar as doce bandeiras azuis do 2017
O goberno de Vigo abre o proceso de licitación do servizo de vixilancia, socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria no verán en dez praias da cidade, contrato por dous anos e importe total de 970.000 euros. Abel Caballero informou tamén da solicitude de renovación das nove bandeiras azuis e tres sendeiros azuis conseguidos o pasado ano.
En rolda de prensa para informar dos principais asuntos da Xunta de Goberno Local desta mañá, o alcalde de Vigo anunciou a apertura da licitación para o servizo de vixilancia, socorrismo, salvamento, asistencia sanitaria de primeiros auxilios nas praias de Vigo, un contrato por dous anos e importe de 970.000 euros. O goberno vigués prestará novamente o salvamento e socorrismo en dez areais (A Punta, Tombo do Gato, Argazada, Samil, Vao, Fontaíña, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras).
Caballero puxo especial fincapé en que o contrato este ano engade o programa de seguridade e accesibilidade ao baño para as persoas con mobilidade reducida, de "extraordinaria utilidade". As cadeiras anfibias permiten o acceso ao mar dos discapacitados en condicións de seguridade e este verán prestarase nas mesmas condicións que no pasado, é dicir, nas praias do Vao e de Samil durante os meses de xullo e agosto.
Na reunión deste xoves do goberno vigués tomouse ademais coñecemento das solicitudes formuladas polo Concello para a concesión das bandeiras azuis. Abel Caballero recordou que no 2017 foron concedidas as nove praias solicitadas e outros tres sendeiros, denominados "Camiño a Beiramar", "Entre Faros" nas illas Cíes e a "Senda Litoral e do Monte da Guía". Para este 2018, Vigo opta a renovar as doce distincións azuis: "confiamos en volver a ser a cidade con máis bandeiras e sendeiros azuis de España. É fácil de dicir pero difícil de conseguir", valorou o alcalde.
Por último, e tamén relativo aos servizos estivais nas praias, o Concello promove xa a ocupación e instalación nos meses de verán dos quioscos, un total de once repartidos polos areais da Punta, Santa Baia, Argazada, ETEA, dous no Tombo do Gato, outros dous no Vao e tres máis en Samil. Aqueles que xestionaron os quioscos no pasado verán teñen quince días para manifestar o seu interese en prorrogalo un ano máis; o Concello sacará a concurso aqueles que queden baleiros.
Vigo Vertical
Entre os principais asuntos da Xunta de Goberno Local, Caballero informou da contratación do asesoramento a PEMES e emprendedores, un servizo para os anos 2018 e 2019 que prestarán cinco profesionais e para o que o Concello destina 300.000 euros. O alcalde recordou que este contrato forma parte do proxecto Vigo Vertical, cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea.
Así, o Concello prestará asesoramento á creación de empresas e para a modernización tecnolóxica, entre outras funcións. O goberno vigués, expuxo Caballero, pretende promover o emprendemento e mellorar a competitividade das empresas en base ao Vigo Vertical que, ademais das solucións de mobilidade como as escaleiras mecánicas e os ascensores, tamén implica "atención social e potenciación económica".