Os tres grupos municipais defenden a equiparación salarial de todos os corpos e forzas seguridade
Todos os grupos apoiaron na sesión plenaria desta mañá unha moción socialista que defende a equiparación salarial de todos os corpos e forzas de seguridade do Estado. O texto propón instar ao Goberno a incluír a correspondente dotación orzamentaria nos próximos exercicios.

O PSOE conseguiu o apoio do resto dos grupos municipais para aprobar unha moción que insta ao Goberno de España incluír nos próximos exercicios orzamentarios a progresiva equiparación salarial de policías e garda civil co resto dos corpos e forzas de seguridade do Estado. O obxectivo é conseguir esa equiparación total en 2020, dando así resposta á unánime demanda de todas as organizacións sindicais da policía e asociacións da garda civil.
Logo da votación, o rexedor reuniuse con varios representantes sindicais de policías e garda civís, presentes na sesión plenaria.
Descargar todas as imaxes
Logo da votación, o rexedor reuniuse con varios representantes sindicais de policías e garda civís, presentes na sesión plenaria.