Vigo, á cabeza das cidades españolas no periodo de pago aos proveedores
O Pleno tomou coñecemento hoxe mércores do informe correspondente ao último trimestre do 2017. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, explicou que Vigo abona as facturas nunha media de quince días, mostra da "boa xestión económica" do Concello, cando a media das urbes españolas supera os tres meses.
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo tomou este mércores coñecemento do informe da Tesourería do último trimestre de 2017 sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigas contraídas pola administración. O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, destacou que Vigo se consolida como a cidade española que antes paga aos seus provedores.
Segundo detallou na súa intervención, o Concello de Vigo fai fronte ás súas obrigas coas empresas de forma "áxil e rápida". A media das cidades españolas supera os 91 días para pagar as súas facturas mentres que en Vigo o prazo medio foi de dúas semanas no 2017.
Aneiros valorou que este dato reflicte a "boa xestión económica" por parte do goberno de Vigo, cunha "correcta" execución do orzamento do pasado ano, no que o Concello obtivo máis de 12 millóns de euros de superávit. O edil insistiu na demanda promovida polo alcalde e presidente da FEMP de reclamar ao Ministerio de Facenda que os concellos saneados como o de Vigo -que carece de débeda- poidan gastar este ano na cidade o aforro do 2017.
Debate
O voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, valorou que "os datos son bos" no pago aos provedores, trasladou a súa felicitación e puxo en valor que a asociación maioritaria de autónomos de España destacou ao Concello de Vigo entre os tres mellores pagadores. Reiterou Pérez que as cifras son positivas mais desligou este dato dunha boa xestión económica.
Polo grupo municipal do PP, Elena Muñoz afirmou que "só faltaría" que non se abonasen as facturas como o fai o Concello co volume de remantentes do que dispón e definiu ao goberno local como os "campións da mala xestión", pois entende que obter superávit releva "incapacidade" de gastar o orzamentado.
Para pechar o debate, o concelleiro de Facenda explicou que o pronto pago aos provedores non pode desligarse da xestión económica do Concello e do control establecido sobre os servizos prestados por estes. Aneiros engadiu que Vigo cumpre coas súas obrigas antes que ningunha outra cidade española e antes que a Xunta de Galicia, sendo ademais o volume de facturas máis elevado que o do goberno autonómico, cunha media de 4.500 facturas por trimestre.