Escoitar

O Pleno manifesta o seu apoio á figura da prisión permanente revisable

Os tres grupos municipais amosan a súa solidariedade coas familias das vítimas, entre elas a da viguesa Déborah Fernández, achada morta no ano 2002.

mércores, 31 xan 2018
O Pleno Municipal de Vigo aprobou este mércores unha moción do Partido Popular en apoio á figura da prisión permanente revisable incorporada ao Código Penal e para instar aos diferentes grupos parlamentarios con representación no Congreso dos Deputados a que reconsideren a súa postura sobre a derogación desta figura.

A voceira do PP, Elena Muñoz, destacou que é fundamental que esta pena se manteña e considerou que Vigo non pode quedar a marxe. "Estamos a falar de garantías para toda a sociedade e de xustiza para vítimas como Déborah Fernández", dixo en relación a viguesa achada morta no ano 2002.

Os concelleiros Xosé Lois Jácome e Carlos Font tomaron a palabra no nome de Marea e PSOE para solidarizarse coas familias das vítimas e sinalaron que o Pleno non era o lugar nin o canle adecuado para tratar o asunto.