O alcalde visitou os cursos de educación vial que imparte o Concello no colexio Rosalía de Castro
O alcalde de Vigo achegouse este xoves ao centro educativo Rosalía de Castro onde o Concello está a formar na concienciación e educación do seu alumnado sobre seguridade viaria.

O Concello de Vigo realiza esta formación viaria en centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria da cidade, ao longo do curso escolar: desde setembro ata xullo. Os cursos tamén son impartidos en sete centros de saúde.
O alumnado puido aprender do comportamento de peóns e vehículos no seu entorno, unha aprendizaxe que se reforza na aula con novos contidos a aplicar na súa vida diaria.
Descargar todas as imaxes
O alumnado puido aprender do comportamento de peóns e vehículos no seu entorno, unha aprendizaxe que se reforza na aula con novos contidos a aplicar na súa vida diaria.