Caballero pide ao ministro de Facenda que permita aos municipios sen débeda investir o superávit
O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) solicitou unha entrevista con Cristóbal Montoro para solicitarlle que "atenda as necesidades dos municipios" logo de que o ministro barallase a posibilidade de reestruturar a débeda das Comunidades Autónomas.
Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), informou este xoves de que xa solicitou unha entrevista co ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, para facerlle chegar as necesidades de financiamento das corporacións locais.
O máximo responsable dos municipios españois respondía así ás declaracións este mércores de Montoro nas que falaba da reestruturar a débeda de algunhas comunidades autónomas e abría a posibilidade de estudar a situación do seu financiamento. "Quero dicirlle que ten que atender as necesidades dos municipios e das deputacións de España, que somos os que estamos infrafinanciados, temos escaseza de recursos por un sistema de financiamento obsoleto e raquítico, ten que atender primeiro aos concellos e corporacións locais", sinalou o rexedor.
Caballero insistiu en que calquera redución de débeda pase primeiro por un reacondicionamento da débeda dos municipios, de forma que as institucións locais que teñan as súas contas saneadas perciban o ingreso correspondente. "Se a mensaxe é que aos ineficientes se lles perdoa a débeda, vamos mal, por tanto non descarto unha gran convocatoria de alcaldes", engadiu.
O presidente da FEMP puxo de manifesto que neste momento está pendente a autorización para utilizar o superávit de 2017, que no caso de Vigo é de 12,2 millóns e no conxunto de España chega ata os 5.000 millóns. "Queremos utilizar este diñeiro en favor dos nosos cidadáns, non queremos que o usen outras institucións para cubrir as súas dificultades e ineficiencias", sinalou.
"Somos as únicas institucións que no ano 2017 van a cumprir de novo coa débeda, déficit e teito de gasto, volvemos a ser os únicos, os concellos e as corporacións locais", concluíu Abel Caballero.