Escoitar

O Concello xa enviou 73.431 tarxetas Passvigo, das que case 20.000 son de pensionistas

73.431 usuarios de transporte público teñen xa a Tarxeta Passvigo, dos que case 20.000 son pensionistas e, polo tanto, teñen o autobús de balde. Segundo explicou o rexedor, xa se entregaron tamén preto de 47.000 tarxetas bonificadas (as antigas tarxetas verdes ordinarias).

venres, 2 feb 2018
O Concello xa enviou 73.431 tarxetas Passvigo, das que case 20.000 son de pensionistas I e II, que gozan de autobús de balde. Tamén se entregaron 3.500 de estudante, 3.000 universitarias e 551 de bono social. Respecto das bonificadas (antigas tarxetas verdes), enviáronse case 47.000. Tal e como explicou o rexedor, as tarxetas actívanse ao recargalas, excepto as de pensionistas que, ao ser gratuítas, é preciso usar unhas craves persoais e intransferibles -como a tarxeta-, un trámite que se pode facer a través da web, por teléfono ou en dependencias municipais ou da empresa.