martes, 6 feb 2018
Segundo adiantou Caballero este martes, o goberno de Vigo elaborou o proxecto dun novo acceso ao centro desde a estrada de Camposancos. O actual vial polo que accede o alumnado carece de beirarrúas. O alcalde considera "da maior importancia" crear unha nova entrada que ningún goberno anterior sequera previu
martes, 6 feb 2018
A Xerencia de Urbanismo outorga licencias para a derruba de varias construcións nas rúas San Paio, Cañiza e Serra. O alcalde, Abel Caballero, destaca a necesidade de vivenda de protección en Vigo e os atrasos que acumula a Xunta no PAU de Navia.
martes, 6 feb 2018
"Vigo lee Verne" é a iniciativa na que colaboran Concello e diferentes editoriais da cidade para poñer en valor a obra do autor francés que fala de Vigo. Os próximos 16 e 18 de febreiro organizaranse lecturas dun capítulo de "Vinte mil leguas de viaxe submarina" na zona do Porto onde está colocada a estatua do escritor.
martes, 6 feb 2018
Tras recibir este martes ao agregado cultural da embaixada francesa, Fabrice Charrier, o alcalde explicou que decidiron "buscar mecanismos comúns de intercambio cultural", pois Vigo ten unha "profunda" relación co país galo, por exemplo, na celebración da Reconquista ou na "cultura verniana" da cidade.