Escoitar

O Concello de Vigo investirá este ano un total de 25 millóns de euros nas parroquias

O goberno local ten este ano 25 millóns en actuacións para adxudicar ao rural, ademais dos 7 millóns previstos no curso 2017/18. O concelleiro de Fomento, David Regades, destacou a "aposta decidida pola economía e a xeración de empregos" e sinalou que nos últimos anos o investimento alcanzou os 100 millóns.

mércores, 14 feb 2018
1518616320regades.JPG
O Concello de Vigo investiu nos últimos anos un total de 100 millóns de euros nas parroquias da cidade. Así o destacou o concelleiro de Fomento, David Regades, despois de anunciar que o goberno xa ten dispostas para adxudicar actuacións no rural por valor de 25 millóns de euros.

"Vigo vai a velocidade de cruceiro, transformando a cidade e facendo unha aposta decidida pola economía e pola xeración de empregos, ningunha parroquia de Vigo queda sen actuacións", afirmou Regades durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

O concelleiro tamén sinalou que comparado con outras cidades galegas, o Concello de Vigo ten no perfil de contratante "en presentación e avaliación de proxectos" un total de 26 millóns de euros, mentres que o Concello da Coruña ronda os 4,6 millóns e no de Ourense queda reducido a 450.000 euros.

No balance para este ano, Regades explicou que haberá un investimento de máis de 7 millóns no curso 17/18. "Agora mesmo está en construción o aparcadoiro municipal do Hospital Álvaro Cunqueiro, cun importe de 620.000 euros; o acondicionamento da contorna da Escola de Música de Beade, por valor de 503.000 euros, e o asfaltado de parroquias dos distintos lotes adxudicados o ano pasado e que algúns rematan agora", sinalou.

Plan Asfaltado 2018
No asfaltado de estradas das parroquias están incluídas as rúas Covadonga, Eduardo Cabello, Arines, Couto, Márques de Alcedo, Pastora, Miñó, Beirán, Roupeiro, Areeiro, Marcosende, Cruceiro, Fonte de Viloura, Miraflores, Monte Vixiador e Dona Fermina. Ademais, tamén haberá unha mellora de seguridade no viario da Avenida da Ponte (100.000 euros), Subida Corredoura (60.000 euros), beirarrúas e soterramento de liñas eléctricas na contorna da Corredoura (190.000 euros), mellora de saneamento no Instituto de Beade (45.000 euros), beirarrúas en Riobó, na Salgueira (50.000 euros), beirarrúas en Miraflores (50.000 euros) e beirarrúas en Casal de Sampaio (100.000 euros).O Plan de Asfaltados de 2018 suma 2 millóns con actuacións en todas as parroquias, mellora de pluviais e reposición de pavimento.

Actuacións 17/18
Todas as actuacións do curso 17/18 suman 7 millóns e o concelleiro destacou que "xeraron economía, empregos e melloraron a calidade de vida dos vigueses que viven nas parroquias". Así, mencionou as de Beirarrúas Portela (Lavadores): 40.000 euros; Saneamento de Lotas e Brea: 80.000 euros; Estación de aguas de Teis: 66.000 euros; Humanización de Doutor Corbal: 467.000 euros; Ferreiros: 146.000 euros; Dona Fermina: 56.000 euros; Subida ao Cemiterio de Puxeiros: 60.000 euros; Caleixón de Ribeira: 60.000 euros; Rúa Rola: 60.000 euros (dúas fases, primeira xa executada); Curva Revolta (Matamá): 60.000 euros; Curva Sampaio da Baixo: 42.000 euros; Muro Camiño Portiño (Saiáns): 120.000 euros; Rotonda Avenida Europa: 33.000 euros; Subida Hermide: 60.000 euros; Camiño Nogueira: 14.000 euros; San Xoán de Dios: 20.000 euros; abastecemento e saneamento Avenida Galicia: 500.000 euros; e muro Pardiñeiros da Abaixo (Lavadores): 40.000 euros.

Obras a desenvolver nos vindeiros meses
Respecto as actuacións que se van desenvolver nos vindeiros meses, están o muro da Praia de Alcabre (50.000 euros), cubrición Colexio Carballal (285.000 euros), carretera do Porto (Beade) grazas a convenio con Deputación (3,5 millóns), cubrición pistas Centro Cultural Becerreira (250.000 euros), parque sobre túnel na autoestrada en Candeán (600.000 euros), muro Camiño de Felisa (50.000 euros), cubrición Colexio Canicouba (285.000 euros), humanización Estrada Provincial-Emilia Pardo Bazán (2,8 millóns), muro reforna Edar Coruxo-Molinos (50.000 euros), pavillón Matamá (2,5 millóns) remitido a Xunta en novembro por Lei 3, muro Carapucha y Camiño Petón (60.000 euros), carril-bici (6 millóns), lotes 1 e 2 de aglomerados en Fontiñas de Abaixo, Camiño Regueiro, Subida Sello, Camiño de Rivás, Rúa Seixo, Estrada Fragoselo e Camiño de Rial.

Gardarraíles
David Regades mencionou o compromiso do alcalde para instalar gardarraíles de seguridade para as motos. "Non queremos ningún gardarraíl que non sexa seguro e imos sacar unha licitación de cambio por 300.000 euros, lograríamos así o informe gardarraíles seguros, queremos ser a cidade máis segura, levamos anos traballando", sinalou.

Por último, o concelleiro de Fomento destacou outras actuacións destacas nas parroquias como a humanización de Teixugueiras (800.000 euros), a sala de usos múltiples de Navia (500.000 euros), beirarrúas en Navia, San Paio, Avenida Europa, Salgueira, muro de Topete, Rola, muro de Redomeiro, Camiño da Laxe, Pavillón de Quirós en fase de licitación (3 millóns), humanización de Purificación Saavedra, humanización do barrio das Flores (600.000 euros), rúa Coutadas (300.000 euros), San Mamede (60.000 euros), aglomerado Clara Campoamor (400.000 euros), Arquitecto Palacios e muro de Goleta (50.000 euros).
Descargar todas as imaxes