venres, 16 febreiro 2018

Charlas, ofrenda floral e travesía en barco no encontro internacional Verne en Vigo

venres, 16 feb 2018

O alcalde saudou este venres no Auditorio Municipal aos nenos e nenas que asistiron á charla "Un vigués chamado Verne" dentro do encontro internacional Vigo Verne con motivo do 150 aniversario da entrada do "Nautilus" do Capitán Nemo na ría de Vigo. As xornadas continúan durante toda a fin de semana con varios actos, entre outros unha ofrenda floral este sábado no monumento a Xulio Verne e unha ruta marítima o domingo pola ría.

O alcalde e o Colexio de enxeñeiros navais constatan nun encontro "a boa marcha do sector"

venres, 16 feb 2018

Logo de recibir aos representantes do Colexio de enxeñeiros navais e oceánicos, o alcalde de Vigo explicou que no encontro "constataron a boa marcha do sector, que empeza a recuperar o seu espazo". Outra das conclusións que compartiron foi a falta de profesionais cualificados nalgúns ámbitos do sector, unha situación consecuencia, segundo Caballero, do descoido da Xunta na formación de traballadores nos últimos catro anos.