luns, 12 febreiro 2018

Caballero anuncia Vigual, "a marcha máis importante que se poida facer nunca" pola igualdade, para o 11 de marzo

luns, 12 feb 2018

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rodeado por deportistas de varios clubs (Sárdoma, FPR O Olivo, Xuvenil de Teis, Maniotas,...), atletas como Ester Navarrete, directivas, representantes dos patrocinadores privados e a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, presentou Vigual, unha marcha que se celebrará no centro da cidade e Casco Vello o domingo 11 de marzo.

CURSO DE LINGUA GALEGA "Auga doce"

luns, 12 feb 2018

O Concello de Vigo organiza este curso onde se afondará no coñecemento da lingua galega a través do patrimonio que atesouran os nosos ríos e regatos: léxico, fraseoloxía, mitos, lendas...Ademais, sairase a coñecer os muíños de Vigo e un bosque de ribeira.