martes, 21 ago 2018
Caballero visitou este martes as obras de humanización de Colombia por case medio millón de euros e recordou que, nos arredores, o goberno vigués ten en marcha a reforma de varias rúas do barrio de Ribadavia, o carril bici que pasará por Pizarro e o ascensor de San Salvador á Praza Isabel a Católica.
mércores, 8 ago 2018
Abel Caballero fixo este mércores un repaso polos investimentos municipais que se atopan actualmente en obras, en tramitación para inicio próximo ou en proxecto, en total máis de 60 actuacións de importe superior aos 93 millóns de euros. É a cifra "máis importante que houbo nunca na historia de Vigo", asegurou o alcalde.
venres, 3 ago 2018
Abel Caballero informou este venres das novas obras que vai a acometer nas vindeiras semanas para reformar a Praza da Tellada (Miñoquiña) e a Praza da Industria. Ademais, sinalou que a Xunta rechazou unha subvención para a humanización da rúa Pazos.
mércores, 11 xul 2018
O alcalde de Vigo informou este mércores de que xa comenzaron as obras para finalizar a humanización da rúa Álvaro Cunqueiro, na zona da Praza de Independencia. Ademais, o rexedor sinalou que actualmente están en marcha obras por valor de 56 millóns de euros.
xoves, 5 xul 2018
O alcalde deu por rematada a humanización da rúa García Lorca na que o Concello investiu 1,4 millóns, coa inclusión de 3.000 metros cadrados de beirarrúas, renovación de canalizacións, case unha vintena de árbores, novos puntos de luz, papeleiras, bancos e superficies axardinadas.
martes, 3 xul 2018
O Concello de Vigo concorrerá ás axudas europeas para edificios intelixentes solicitando 5 millóns para máis de 150 inmobles. Este proxecto piloto prevé instalar o denominado "Nodo IOT" que permitirá captar e procesar información en tempo real do que pasa nos edificios o que permitirá tomar decisións no ámbito medioambiental, da seguridade e da mobilidade, fundamentalmente.
xoves, 28 xuñ 2018
O alcalde anunciou esta mañá que contrataron dous novos tramos da humanización da rúa Venezuela, co que o investimento "ascende xa a un millón e medio de euros". Estas novas obras forman parte da primeira fase da humanización, que continuará nos próximos meses co carril bici e co resto de melloras. <br />
xoves, 28 xuñ 2018
"A rúa foi humanizada hai once anos polo anterior goberno e habería que pedirlles explicacións de por que durou tan pouco", advirtiu o rexedor.
xoves, 28 xuñ 2018
O custo é de 5 millóns de euros e "paga Europa", destacou o alcalde. O proxecto comprende o tramo que vai desde María Berdiales a Venezuela.
venres, 22 xuñ 2018
O Concello está a executar unha quincena de obras por 17,7 millóns de euros e prevé iniciar nas próximas semanas outras oito humanizacións por 7,3 millóns máis, en total, 23 melloras e 25 millóns de euros. Abel Caballero explicou que este investimento, que non inclúe Gran Vía ou Porta do Sol, é comparable ao do Plan E.