Escoitar

O Concello reforma a Praza da Tellada e acondiciona a Praza da Industria

Abel Caballero informou este venres das novas obras que vai a acometer nas vindeiras semanas para reformar a Praza da Tellada (Miñoquiña) e a Praza da Industria. Ademais, sinalou que a Xunta rechazou unha subvención para a humanización da rúa Pazos.

venres, 3 ago 2018
O Concello de Vigo acometerá nas vindeiras semanas diferentes obras de reforma no casco urbano da cidade. Por unha banda, levará a cabo melloras na Praza da Industria e, por outra, reformará a Praza da Tellada, no barrio de Coia.

O alcalde de Vigo informou este venres en rolda de prensa de que na primeira quincena de agosto arrancarán as obras de acondicionamento da Praza da Tellada (Miñoquiña) por un importe de 50.000 euros.

Ao mesmo tempo, Abel Caballero sinalou que están rematando as obras de acondicionamento da Praza da Industria, onde levouse a cabo o acondicionamento do busto e a base do Monumento ao Ferreiro, ademais de nova sinalización de tráfico, alumeado onda e nova plantación arbustiva.

Subvención denegada
Por outra banda, o rexedor sinalou que a Xunta denegou unha axuda de case 70.000 euros solicitada polo Concello de Vigo para a humanización da rúa Pazos, na zona de Peniche. Caballero explicou que a solicitude foi enviada en forma pero que a administración autonómica esgotou os fondos tan só doce minutos despois de abrir o prazo.