Abel Caballero convoca o Pleno de designación dos novos vogais da Zona Franca de Vigo
Tras a toma da posesión do novo delegado, o alcalde e presidente do Pleno da Zona Franca anunciou este venres a convocatoria dunha sesión o próximo xoves, 9 de agosto, para aprobar os orzamentos e designar os novos vogais. Caballero destacou a valía de Manuel Rodríguez, Elena Espinosa e Ana María Mejías.
O próximo xoves, 9 de agosto, ás 11 horas, celebrarase unha sesión plenaria da Zona Franca de Vigo que aprobará os orzamentos do Consorcio e tomará coñecemento dos cesamentos e nomeamentos de tres novos vogais do Pleno do Consorcio, sesión convocada polo presidente da entidade e alcalde de Vigo, segundo anunciou este mesmo venres o propio Abel Caballero.
Os nomeamentos de Manuel Rodríguez (empresario de Rodman), Elena Espinosa (exministra e expresidenta do Porto de Vigo) e Ana María Mejías (actual subdirectora da Escola de Enxeñeiros Industriais e profesora universitaria) conlevan o cesamento dos anteriores vogais, a saber, Fonseca Moratón, Rafael Louzán e Elena Muñoz. Abel Caballero amosou a súa "satisfacción" polos novos nomeamentos e deulles a benvida.