venres, 3 agosto 2018

O alcalde visita aos participantes no campamento urbano do Concello

venres, 3 ago 2018

Abel Caballero acudiu este venres ata as instalacións do Complexo Municipal de Deportes das Travesas para saudar aos máis de 400 nenos e nenas que participan no campamento urbano do Concello de Vigo. O rexedor animouse a bailar xunto aos rapaces que lle prepararan unha coreografía.