"En proxecto, en tramitación ou en execución, temos en Vigo obras por valor de 93 millóns"
Abel Caballero fixo este mércores un repaso polos investimentos municipais que se atopan actualmente en obras, en tramitación para inicio próximo ou en proxecto, en total máis de 60 actuacións de importe superior aos 93 millóns de euros. É a cifra "máis importante que houbo nunca na historia de Vigo", asegurou o alcalde.
O goberno de Vigo está a executar actualmente 19 obras por importe de 20,4 millóns de euros. Son, segundo detallou Caballero a modo de exemplo, as humanizacións do entorno da Escola de Música de Beade, o ascensor do parque Camilo José Cela, o carril bici, as rúas Fátima, Colombia, Venezuela, Vía Norte ou María Berdiales, e as cubricións dos patios dos colexios Rocío ou Carballal.
Ademais, no presente mes de agosto, o Concello prevé iniciar tres novas actuacións cun investimento próximo aos catro millóns de euros, a saber, a humanización de Sanjurjo Badía co Barrio das Flores, a rúa Emilia Pardo Bazán (estrada provincial) e a Avenida Atlántida.
O goberno vigués, engadiu Caballero, ultima a tramitación para o inicio de trece reformas máis que totalizan máis de 15 millóns de euros. É o caso de humanizacións en Heraclio Botana, Serafín Avendaño e Roupeiro, os pavillóns de Romil e dos baixos da bancada de Río, as melloras de Gregorio Espino, Aragón e Coutadas, a remodelación de seis campos de fútbol, a biblioteca de Navia ou a cuberta do patio do colexio Canicouva.
Por último, o alcalde avanzou que o executivo que encabeza traballa nos proxectos doutras 28 actuacións que suman un importe de 53,5 millóns de euros. Trátase dos fondos do estadio municipal de Balaídos, do pavillón de Matamá, da cobertura dos patios dos colexios Pintor Laxeiro, García Barbón e Balaídos, humanizacións en Don Bosco, García Barbón e Camelias, biondas de seguridade para motos, humanizacións e asfaltados en distintas parroquias de Vigo, a mellora da Estrada do Porto ou a Vía Verde.
Abel Caballero puxo en valor que o goberno de Vigo leva adiante esta transformación da cidade "sen precedentes" con débeda cero e preto de cen millóns en remanentes, sendo o Concello de España que antes paga aos seus provedores e con superávit nos últimos exercicios orzamentarios.
Descargar todas as imaxes