martes, 7 ago 2018
Abel Caballero informou da apertura dun procedemento sancionador contra Dornier por incumprimento grave do contrato de concesión da Xestión de Estacionamento Regulado. O alcalde, que non desbota un eventual rescate da concesión, advirte: "non vou tolerar despedimentos inxustos e improcedentes en contratas do Concello"
martes, 7 ago 2018
Abel Caballero acudiu este martes á Praza do Rei para saudar aos centos de nenos e nenas que participaron na Xuntanza dos Campamentos Urbanos. No acto, o alcalde animou ao todos a desfrutar da cita e participou nalgunha das actividades que tiñan preparada os monitores.
martes, 7 ago 2018
O alcalde avanzou este martes algunhas das novidades da iluminación de Nadal deste ano, entre as que subliñou o espectáculo musical e luminoso da Porta do Sol, con tres pases diarios. O goberno vigués iluminará os mercados, prazas e edificios singulares.
martes, 7 ago 2018
Abel Caballero informou este martes de que o vindeiro sábado, 11 de agosto, o monte do Castro será o escenario para o concerto "Noite das Perseidas". Coincidido coa "Noite Branca", o Concello programou a actuación da Orquestra Clásica de Vigo xunto ao Monumento aos Galeóns de Rande.
martes, 7 ago 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, firmou este martes o convenio de colaboración coa Unión Xeral de Traballadores (UXT) para colaborar con 15.000 euros no financiamento de actividades y desenvolvemento do sindicato. Á firma do convenio asistiron o secretario xeral de UXT en Vigo, Ernesto Fontanes, e o secretario de Organización de UXT en Galicia, José Luis Fernández Celis, ademais do concelleiro Ángel Rivas.
martes, 7 ago 2018
O alcalde de Vigo acudiu este martes á presentación do LXXVIII Torneo Internacional de Tenis del Club de Campo, que desde o vindeiro sábado reunirá ás raquetas máis prometedoras do panorama internacional. Abel Caballero gabou o campionato por ser o segundo máis lonxevo de España -dispútase de xeito ininterrompida desde 1940- e sinalou que "o tenis transmite os mellores valores do deporte".