Escoitar

O monte do Castro acollerá o concerto "Noite das Perseidas" coa Orquestra Clásica de Vigo

Abel Caballero informou este martes de que o vindeiro sábado, 11 de agosto, o monte do Castro será o escenario para o concerto "Noite das Perseidas". Coincidido coa "Noite Branca", o Concello programou a actuación da Orquestra Clásica de Vigo xunto ao Monumento aos Galeóns de Rande.

martes, 7 ago 2018
O alcalde de Vigo avanzou este martes que o monte do Castro acollerá o vindeiro sábado o evento "Noite das Perseidas", no que a Orquestra Clásica de Vigo actuará xunto ao Monumento aos Galeóns de Rande.

"Vai a ser un concerto excepcional, é unha grande orquestra clásica", sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. A actuación da Orquestra Clásica de Vigo será ás 21:30 horas e interpretarán "Os Planetas", de Gustav Holst.

Ademais, o rexedor lembrou que este martes se pecha a programación infantil de Vigo en Festas no Auditorio de Castrelos co espectáculo "Los mundos de Peppa Pig & Ben Holly", mentres que o mércores será a quenda para Juanes.

O venres será o concerto de Operación Triunfo, ao igual que Juanes con todas as entradas vendidas para a platea.