O Concello amplía o horario da biblioteca do Auditorio Mar de Vigo
Abel Caballero avanzou este mércores que a partir de mañá a sala de lectura do Auditorio Mar de Vigo ampliará o seu horario para atender a demanda dos usuarios que están a preparar as exames. Desde este xoves, o horario pasará de ser de nove da mañá á nove da noite.
A biblioteca do Auditorio Mar de Vigo ampliará os seus horarios a partir do xoves en resposta á demanda dos usuarios que están a preparar exames. Durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación, o alcalde Vigo avanzou que se recibiron numerosas peticións para que fose ampliada a súa apertura no mes de agosto.
Abel Caballero sinalou que o horario da biblioteca Mar de Vigo era, desde o primeiro de agosto, de 9 da mañá ás 3 da tarde, e que a partir do xoves e ata o 31 de agosto será de 9 da mañá á 9 da noite. "Existía unha forte demanda que quere a biblioteca aberta todo o día e daremos satisfacción á petición", sinalou.