Caballero revalida o seu apoio ao Club Náutico de Vigo na presentación da 55ª Regata Rías Baixas
O evento, con máis de 700 participantes, partirá de Vigo o sábado e ata o martes e pasará por Combarro, A Pobra e Sanxenxo.
A regata Rías Baixas celebra a súa 55 edición do 11 ao 14 de agosto e conta cuns 700 participantes que competirán con frota galega, do Cantábrico e portuguesa. Organizada polo Real Club Náutico de Vigo, a proba partirá de Vigo este sábado e percorrerá Combarro, Sanxenxo e A Pobra.
O alcalde aproveitou a súa participación na presentación do evento para revalidar o seu apoio ao Club Náutico. "Nesta batalla por seguir adiante sempre contaredes co apoio do Concello de Vigo porque esta é unha institución imprescindible para a cidade e queremos que a colaboración sexa total", afirmou.
Respecto da regata, Caballero encomiou o nivel e a participación "cada vez maiores" e o labor dos patrocinadores. "Esta regata reúne aos mellores tripulantes no mellor espazo posible: a Ría de Vigo".
Pola súa banda o presidente do Real Club Náutico, Rafael Tapias, destacou a importancia que ten o evento para o turismo na cidade. "Xunto aos 700 participantes veñen as súas familias, así que en total atrae a unhas 4.000 persoas a Vigo".
Tapias lembrou que esta é a regata máis antiga do país e unha das máis grandes e adiantou que será "todo un espectáculo de velas e mastros na Ría".