O goberno local inaugura a humanización da rúa García Lorca cun orzamento de 1,4 millóns
O alcalde deu por rematada a humanización da rúa García Lorca na que o Concello investiu 1,4 millóns, coa inclusión de 3.000 metros cadrados de beirarrúas, renovación de canalizacións, case unha vintena de árbores, novos puntos de luz, papeleiras, bancos e superficies axardinadas.
En declaracións aos medios, Abel Caballero enumerou as melloras que contempla a humanización xa rematada, unha actuación en máis de 6.000 metros cadrados dos que a metade son novas beirarrúas. O Concello adicou 1,4 millóns de euros a humanizar 345 metros da rúa. É unha "humanización magnífica", valorou o rexedor, que inclúe a plantación de 29 árbores, 19 xardineiras, 29 puntos de luz, 8 papeleiras, 7 bancos e a adecuación de superficie axardinada, entre outras actuacións.