O Concello dedica catro millóns e medio de euros á atención de 892 persoas dependentes das que 354 son atendidas en exclusiva con recursos municipais
Caballero alerta de que en Vigo hai 637 persoas con dependencia á espera de que a Xunta lles outorgue a axuda que solicitaron: "Isto é moi grave", advirte.
O Concello dedica catro millóns e medio de euros ao servizo de Atención de Axuda a Domicilio, no que atenden a 892 persoas. O alcalde destacou esta mañá que, destes usuarios, 538 reciben o pago de forma conxunta de Xunta e Concello pero aos 354 restantes págalles a axuda o Concello en exclusiva, con recursos municipais.
O rexedor alertou ademais de que "en Vigo hai 637 persoas en lista de espera, con dependencia recoñecida, aos que a Xunta non admite a pesar de estar obrigada por lei". "Somos a cidade de Galicia á que a Xunta outorga menos axudas en proporción aos habitantes e esa decisión produce esta longa lista de espera", engadiu.
Caballero resaltou a gravidade do asunto e lamentou "que estas axudas á dependencia dependan da cor política; pero desta Xunta créomo todo", concluíu.
Na rolda de prensa avanzou que esta mesma tarde se achegará á carballeira do Monte da Guía para compartir a Festa do Verán con usuarios do Servizo de Axuda no Fogar, maioritariamente, mulleres.