O alcalde felicita ao equipo da UVigo Motorsport na presentación do seu novo monopraza
O Team Leader UVigo Motorsport desvelou este mércores o deseño do seu novo monopraza nun acto que contou coa presenza do alcalde Abel Caballero. O rexedor felicitou ao equipo e avanzou que tanto Concello como Zona Franca apoiarán o proxecto "durante 25 anos máis".
Abel Caballero felicitou este mércores ao Team Leader UVigo Motorsport durante o acto de presentación do novo monopraza. O rexedor participou na posta de largo do deseño do UM18 celebrado na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
"O Concello e a Zona Franca apoiará este proxecto durante ao menos 25 anos máis. Sodes o mellor equipo investigador do mundo na mellor universidade do mundo e na mellor cidade do mundo", sinalou o alcalde.