O Festival de Jazz de Vigo chega ao seu ecuador con gran éxito de público
Abel Caballero deu conta esta mañá do "éxito notable" co que se está a desenvolver o Festival de Jazz de Vigo cando xa superou o seu ecuador. A maioría dos concertos colgaron o cartel de "non hai entradas".
O Festival de Jazz de Vigo traspasou o seu ecuador colgando o cartel de "non hai entradas na maioría dos concertos", tal e como explicou o rexedor. As entradas se esgotaron antes de abrir a billeteira especialmente nos concertos do saxofonista estadounidense Kenny Garrett, que conseguiu levantar da butaca aos espectadores do abarrotado Auditorio Municipal, e no da vocalista de Brooklyn Charenée Wade. Asimesmo, o pasado sábado a Big Bang Band de Navia encheu a Praza da Princesa e os seus arredores de música e baile espontáneo.
Segundo explicou, xa tiveron lugar 16 intervencións entre concertos e actividades e hoxe martes comezan as masterclass que están prácticamente completas e que corren a cargo de Glenn Zaleski Trío e de Jeff Hirshfield, Scott Lee e Billy Drewes, que actuarán no Auditorio do Concello mañá mércores ás 22,30 horas.