Vigo optará a 5 millóns para 150 inmobles dentro do plan nacional de edificios intelixentes
O Concello de Vigo concorrerá ás axudas europeas para edificios intelixentes solicitando 5 millóns para máis de 150 inmobles. Este proxecto piloto prevé instalar o denominado "Nodo IOT" que permitirá captar e procesar información en tempo real do que pasa nos edificios o que permitirá tomar decisións no ámbito medioambiental, da seguridade e da mobilidade, fundamentalmente.
O alcalde avanzou esta mañá que o Concello optará a unha achega de 5 millóns de euros dentro do Plan Nacional de Territorios Intelixentes da axenda dixital para España con Edificios Intelixentes. Trátase dun proxecto piloto para edificios intelixentes en Vigo que está enfocado á mellora do benestar e calidade de vida das persoas.
Segundo o rexedor, instalarse o denominado "Nodo IOT" grazas ao que se poderá comunicar en tempo real o que pasa nos edificios para extraer datos e traballar no ámbito do desenvolvemento medioambiental, da seguridade e da mobilidade. Este proceso permite obter información en tempo real que facilitarán a toma de medidas como a elaboración de mapas de ruído, de contaminación e de consumo enerxético.
Caballero amosou a súa certeza de que Vigo reúne as condicións establecidas para ser beneficiario xa que nesta convocatoria poderán participar municipios de máis de 200.000 habitantes de Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia e Madrid. O prazo para presentar propostas é o 26 de xullo e Vigo concorrerá cunha selección de máis de 150 inmobles da cidade.
Liderada polo Concello, a proposta incluirá todos os edificios administrativos, o Parque de servizos do Concello, o Auditorio Mar de Vigo, museos, bibliotecas, Estadio de Balaídos, Escola de Artes e Oficios, Albergue Municipal, mercados, centros cívicos, aparcamentos subterráneos, VigoZoo, edificio da Xerencia de Urbanismo, aeroporto, estación de ferrocarril, estación de autobuses e porto. Tamén se proporán edificios de sectores privados como vivendas, centros comerciais, hoteis ou Zona Franca.
A resolución da convocatoria será en tres meses e o rexedor "confía" en que se atenda a petición de Vigo. Neste proceso, o Concello contou coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo, de ADIF, de AENA e de Vitrasa.