Escoitar

O plan de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero da emprego a 15 viguesas

O Concello de Vigo puxo en marcha o Programa de Inserción Laboral de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero grazas ao que un total de 15 viguesas iniciaron o periodo de formación previo a súa incorporación ao posto de auxiliar de administración xeral e de ordenanza.

luns, 2 xul 2018
O alcalde de Vigo informou este luns de que un total de quince mulleres iniciaron o período de formación no marco do Programa de Inserción Laboral de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero. O plan de emprego permite que se incorporen como auxiliares de administración xeral e de ordenanzas.

As candidatas superaron un proceso selectivo cunha proba escrita e práctica, e os criterios de selección priorizaron ás desempregadas de longa duración, mulleres con discapacidade ou sen ningún tipo de ingresos e mulleres con menores ao seu cargo.