O Concello abrirá en xullo unha biblioteca con actividades na praia de Samil
O alcalde anunciou este venres que desde o vindeiro luns a praia de Samil disporá dunha biblioteca na que será posible solicitar préstamos de libros e que levará a cabo actividades, entre outras concursos, contacontos e música.
A praia de Samil disporá durante os mes de xullo dunha biblioteca. É unha iniciativa do Concello de Vigo para que os usuarios do areal vigués poidan solicitar préstamos de libros e os nenos participan en diferentes actividades.
O alcalde, Abel Caballero, informou de que a biblioteca comezará a funcionar o vindeiro luns, 2 de xullo, no Paseo de Samil e estará aberta ata o día 30, agás festivos, en horarios de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Todos os interesados poderán solicitar alí o carné de usuario e escoller a súa lectura para retirar na caseta. Deberán devolver o libro no horario establecido e nas mesmas condicións nas que o levou e recibirá no seu correo electrónico información das actividades.
De forma paralela ao préstamo de libros, a iniciativa tamén porá en marcha unha completa axenda de contacontos, cantofadas, xogos e música durante todo o mes de xullo. Haberá láminas para pintar e recortar, regalos de benvida, sorteos de libros entre os lectores e tanto concursos semanais como un premio final para a persoa máis lectora.