Escoitar

O goberno local aproba a contratación do estudo económico para a explotación de Balaídos

O alcalde de Vigo avanzou este xoves que a Xunta de Goberno Local aprobou a contratación dos servizos de elaboración do estudo de viabilidade económico-financieira para o uso e explotación do Estadio Municipal de Balaídos.

xoves, 28 xuñ 2018
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves a contratación dos servizos de elaboración de un estudo de viabilidade económico-financieira para o uso e explotación do Estadio Municipal de Balaídos. Así o comunicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a súa comparecencia en rolda de prensa.

O rexedor explicou que o estudo servirá para determinar a modalidade de explotación a escoller e que determine, no seu caso, o canon e o prazo de duración. A empresa que recibiu a adxudicación provisional foi Idom Consulting Engineering Architecture.

"Seguimos a dar pasos para avanzar coa remodelación de Balaídos", sinalou o alcalde antes de lembrar que Concello e Deputación xa investiron 12,7 millóns, dos que 6,2 foron na grada de Río e 5,6 millóns na de Tribuna.

Ademais, hai que sumar o proxectos de Gol e Marcador, parking e asentos de Río Baixo, con outros 1,2 millóns da Deputación. O alcalde tamén mencionou que o Celta investiu en Preferencia un total de 913.000 euros e a Xunta "cero euros".