Escoitar

O Concello inicia a tramitación para a rehabilitación integral do Barrio do Cura

Abel Caballero informou este xoves da incoación do procedemento para a tramitación do convenio urbanístico entre o Concello de Vigo e Barrio do Cura Desarrollo S.L.U. e para a modificación do PXOM de 1993 e do Pepri Casco Vello no ámbito de Barrio do Cura.

xoves, 28 xuñ 2018
O Consello da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo iniciou este xoves a tramitación para a rehabilitación integral do Barrio do Cura dando o visto e prace á tramitación do convenio.

"Vigo leva 25 ou 30 anos esperado por a recuperación do barrio, vaise a recuperar a ordenación establecida no Plan Especial de Reforma Interior (PERI) do ano 2014", sinalou o alcalde durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Segundo avanzou Abel Caballero, a superficie edificable será de 56.000 metro cadrados, con 5.000 m² para espazos libres e zonas verdes, 1.800 m² para equipamentos públicos, 300 prazas de aparcamento e bloques de hasta 9 alturas.

A tramitación da modificación, explicou o rexedor, do plan oscilará entre os 12 e os 18 meses e mentres tanto, os promotores redactarán un proxecto de derribo para eliminar canto antes parte das 57 construcións existentes na zona e o resto as tapiará o Concello.

Caballero explicou que toda a contorna vai a ser reformada, tanto as comunicacións tanto rodadas como peonís. "Imos a continuar a rúa Torrecedeira cara Poboadores, melloraremos a rúa Llorente e Santa Marta, cun novo acceso peonil desde A Ribeira do Berbés ata o Paseo de Alfonso", engadiu o alcalde.

Ordenanza urbanística
Ademais, a Xerencia procedeu a incoación, declaración de urxencia e aprobación da memoria xustificativa da contratación do servizo de notificación relativas á aprobación inicial da ordenanza urbanística provisional do Concello de Vigo

"Iniciamos a contratación de las notificacións a todos os titulares afectados que son uns 50.000 titulares catastrais que recuperarán a ordenación de 2008", sinalou Abel Caballero antes de cifrar o importe da contratación en 250.000 euros.

No pleno do mes de xullo aprobarase inicialmente a ordenación provisional e posteriormente procederase a notificalo.