Escoitar

O alcalde anuncia a aprobación do proxecto de execución da humanización de Gran Vía por 5 millóns

O custo é de 5 millóns de euros e "paga Europa", destacou o alcalde. O proxecto comprende o tramo que vai desde María Berdiales a Venezuela.

xoves, 28 xuñ 2018
Caballero anunciou esta mañá que xa está aprobado o proxecto de execución da humanización da contorna urbana de Gran Vía. Trátase do tramo entre María Berdiales e Venezuela, "o que o Partido Popular quixo parar", lembrou.
O custo é de 5 millóns de euros e, destacou, "paga Europa". "Imos ter unha gran humanización de 205 metros co dobre de árbores dos que hai agora, unha cinta mecánica, beirarrúas humanizadas, esculturas e desenvolvemento cultural", describe o rexedor. A humanización incluirá tamén saneamento, abastecementos, rega, luminarias e iluminación eléctrico: "Vai quedar magnífica", asegurou o alcalde.
Caballero apuntou que esta acción "vai cambiar a forma de entender a peonalización da cidade de Vigo, porque todos os que vivimos nas partes máis altas imos subir por aquí, do mesmo xeito que xa está a ocorrer coa escaleira de Segunda República".
O rexedor afirmou ademais que van analizar " a forma na que Patrimonio Histórico tomou a decisión de non autorizar as obras noutras zonas de Gran Vía, xa que foi unha instrución política de Feijóo e cando as instrucións políticas tómanse en contra da norma iso ten un nome".