Vigo dá un paso máis na recuperación da Finca Solita na que se investirán 318.000 euros
Concello e Deputación seguen adiante coa recuperación de Finca Solita, coa clasificación de ofertas para a contratación das obras de consolidación e accesibilidade. O custo da actuación elévase a 318.000 euros, dos que 277.000 son achegados polo organismo provincial.
A Xunta de Goberno celebrada onte xoves deu luz verde á clasificación de ofertas para a contratación das obras de consolidación e accesibilidade de Villa Solita. Cun custo total da actuación de 318.000 euros -dos que 277.000 son aportados pola Deputación- a intervención prevé preservar o patrimonio e recuperar o espazo para a cidadanía. Trátase dun edificio de estilo indiano, de finais do século XIX e o obxectivo, segundo indicou o rexedor, é transformalo nun área de desenvolvemento cultural, museístico, teatral e turístico.
Outtro dos asuntos dos que deu conta o rexedor hoxe venres foi a prórroga do contrato de servizos para a promoción e divulgación dos xacementos arqueolóxicos do Castro e da Vila Romana de Toralla. Trátase dun contrato de 35.000 euros e as representacións serán durante o verán, como xa é habitual.
A Xunta de Goberno tamén aprobou un convenio con Banco de Alimentos por valor de 15.000 euros para o aluguer do local, unha axuda á que hai que sumar outra achega de 43.000 euros. En total, o Concello aporta 58.000 euros para esta "gran función social". Tamén se aprobou outro convenio de colaboración coa Asociación de axuda ao enfermo mental DOA á que se lle entregarán 7.290 euros para financiar un obradoiro de cartón-pedra, coiro e serigrafía.
Descargar todas as imaxes