Escoitar

O Concello aproba as obras para completar a humanización da contorna de Rosalía de Castro

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves o contrato para a humanización das rúas Heraclio Botana, Roupeiro e Serafín Avendaño, na contorna de Rosalía de Castro e García Barbón. A obra ten un investimento de 487.000 euros e un prazo de sete meses.

venres, 7 set 2018
1536324040AlcaldeRosalia_01.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da aprobación en Xunta de Goberno Local das obras que rematarán a humanización da contorna de rúa Rosalía de Castro e a avenida García Barbón.

Segundo explicou o rexedor, o Concello deu o visto e prace a unha actuación que ten un investimento de 487.000 euros e un prazo de execución de sete meses. "Con esta obra completamos a humanización de toda a zona", sinalou Caballero antes de facer referencia a inauguración o pasado mes de maio da reforma da rúa Canceleiro.

Ademais, o alcalde tamén sinalou que a Xunta de Goberno aprobou igualmente a humanización da rúa Pazo, entre López Mora e Menéndez Pelayo, por un importe de 136.000 euros e cun prazo de catro meses.
Descargar todas as imaxes