O alcalde anima á cidade a mergullarse da cultura celta e romana co VII Vicus Spacorum
Abel Caballero tomou parte este venres na presentación dun evento xa "consolidado", que terá lugar o fin de semana o 15 e 16 de setembro no parque de Navia. Vicus Spacorum regresa á cidade cargado de novidades e propostas en clave romana e celta.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, agradeceu e eloxiou o traballo da organización do Vicus Spacorum e animou á cidadanía a achegarse a Navia e participar nas distintas propostas, pensadas para todos os públicos. Caballero estivo acompañado na presentación do coordinador, Rodrigo Vázquez, e da vicepresidenta da Asociación de Comerciantes do PAU de Navia, Alicia Estévez.
Celtas e romanos tomarán, unha vez máis, o Parque do PAU de Navia cun programa de actividades para todos os públicos. A gran novidade do evento terá lugar no Amphitheatrum o sábado desde as 19:00 horas. Será o I Gran Concurso Infantil Don Disfraz de caracterizacións, con mais de 1000 € en premios e sorteos. Complementarase con mostras de combate de época a cargo de Falcata Hema (Vigo). A noite do sábado péchase cunha queimada e un concerto en clave folk irlandés que fará que a xente se levante das súas alpacas de palla.
No terreo da recreación histórica destaca a presenza de catro asociacións procedentes de Arde Lucus (Lugo). Dous chegan en clave romana e dúas en clave celta que se unirán ao poboado "castrexo" produto da colaboración da SVCD Nautilius de San Andrés de Comesaña coa AVC Casco Vello.
A Garda Pretoriana de Lugo chega coa espectacular tenda do prefecto e son a gran novidade no Asentamento Romano que, como sempre, contará con múltiples iniciativas, talleres de época e a xa consolidada Schola FOANPAS (Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e comarca). A eles unirase unha nova exposición de parte da Escola de Restauración de Galicia. A zona celta reproducirá as vodas celtas e haberá variados talleres e diferentes propostas de xogos rústicos e castrexos. Nesta zona reproducirase un asalto ás tropas pretorianas por parte das tribos galaicas.
Nesta edición, a exhibición de Harpastum terá lugar o sábado en horario de tarde, entre a Garda Pretoriana e os Mercenarios Galaicos. O peche do evento, o domingo, virá da man da Asociación Miramvicus, protagonistas das visitas guiadas da Vila Romana de Toralla e que representarán unha ligazón matrimonial romano.
Haberá 5 bandas de gaitas percorrendo o recinto, desfiles da lexión romana con percusión e da garda pretoriana, etc. E como sempre unha gran oferta gastronómica. A organizacou convidou á xente a que caracterizarse e a que quede a comer no evento. Neste 2018 Vicus Spacorum espera confirmar e reforzar a boa crítica de pasadas edicións así como contentar a un número superior ao das 40.000 persoas que visitaron o PAU de Navia en 2017.
Descargar todas as imaxes