Caballero compara o modelo gratuíto do aparcamento municipal do Álvaro Cunqueiro co da Xunta, de pago
O alcalde inaugurou esta mañá o aparcamento municipal nas inmediacións do hospital Álvaro Cunqueiro, cunha capacidade aproximada de 400 prazas e un investimento de máis de medio millón de euros. Durante a visita, Caballero contrapuxo o modelo de pago de parking instaurado pola Xunta co modelo gratuíto defendido polo Concello.
O aparcamento público na parcela municipal anexa ao Álvaro Cunqueiro abriu hoxe as súas portas con preto de 400 prazas -das que dez son adaptadas – e un investimento superior ao medio millón de euros. No transcurso do acto de inauguración, o alcalde comparou o modelo de xestión da Xunta, instaurando un parking de pago no Álvaro Cunqueiro, co do Concello, que ven de construír un de balde para os cidadáns de Vigo. "O modelo de Feijóo, engadiu, é que os cidadáns paguen, e do Concello é que os veciños de Vigo non paguen". Na súa opinión, o modelo de xestión da Xunta "é un copago sanitario xa que os usuarios non teñen alternativas".
Caballero insistiu en que "Vigo non asume que a xente que vén de Vigo e doutros 25 concellos teñan que pagar por aparcar cando veñen ao hospital da Xunta que xa se converteu nun lugar de recadación". Lembrou que nas inmediacións do Xeral había aparcamento gratis, aclarando que non ocorre o mesmo no Álvaro Cunqueiro.
Lembrou que hai máis dun ano, o PP de Vigo asumiu o compromiso de que no momento que o Concello abrira o seu aparcamento gratuíto eles abrirían tamén de balde o da Xunta, tal e como recollen os medios de comunicación. Neste punto, confiou en que "hoxe ás 13,00 h a Xunta poña gratuíto o aparcamento do hospital porque, do contrario, o PP de Vigo e os seus candidatos quedarán desautorizados para representar esta cidade".
Destacou que a apertura do aparcamento municipal "é unha gran noticia" e reiterou que se a Xunta decreta a gratuidade do seu aparcamento, o Concello de Vigo determinará que o municipal sexa tamén de balde para todos e non só para os vigueses tal e como vai ser de momento, mentres non se elabore a ordenanza que facilite o acceso aos veciños de Vigo a través de tarxeta Passvigo.